Poesía de Carla Villaverde


É terra

A rocha que fala entre murmurios co vento
É terra
O vento quente no alto do castro naquela noite meiga
É terra
O dourado ton da auga no solpor de inverno
É terra
O frío de decembro polas rúas de Compostela
É terra
O verdor das árbores iluminadas pola música grileira
É terra
O son do vento cara o fin do mundo
É terra
Breogán Rosalía e Pondal
É a nosa terra,
O que nos une, nos ampara e protexe
É a nosa terra
A morriña e a afouteza
Somos nós.

Carla Villaverde Núñez 4º  ESO B



Comentarios

Publicacións populares deste blog

poema de Y.B.S

Poema de Alejandro Piso