Texto de Yolanda Blanco

Hoxe escribo por ti, que es a miña lingua; escribo por todo o que me achegas. A miña lingua, a lingua do meu pobo, a lingua da miña vida, a lingua do meu corazón, a dun galego loitador.
Hoxe escribo e escribo en galego. Por que non? Por que non sentirse orgullosos de ti? Dunha lingua que ten séculos e séculos de historia?. Por que se aconpañaches aos nosos familiares máis queridos, as que non puidemos coñecer e aos que non puidemos ver? Por que non sentirnos orgullosos de ti? Desa lingua que forma parte de nós e das nosas raíces? Por que non?  Se loitaches durante séculos contra todos os que te quixeron ver morta, contra a mesma historia que che quixo pasar por enriba, que te quixo ver soa e derrotada. A aínda así, segues aquí, loitando e sobrevivindo. Saegues connosco. Como non vou estar orgullosa dunha lingua coma ti.
Yolanda Blanco Sanmartín


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Poema de Noa Puente