Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2017

Historias do rural para non contar ( Juan José)

Xa hai tempo  os da pandilla do instituto: Conchi, Camilo e Froilán e eu, por suposto, era Manolo, o que non pintaba nada no grupo,  reunímonos unha tarde todos no remolque dun chimpín na miña casa e puxémonos a facer o parvo.  Era pola noite, un martes pola noite, pola noite, dígoo outra vez por se non quedou claro, cando fomos  ao cemiterio da Estrada invocar mortos. O que fai o aburrimento! Dous minutos despois a invocación funcionou, cousa que non pensaba porque o miramos en internet. Bueno, o caso  é que funcionou e resucitamos a Josefina de Carnota. Austámonos moitísimo cando a vimos. Despois desa noite, Conchi, Camilo e Froilán non volveron ser os mesmos. Estaban preocupados,  daquela non sabía por que, pero bueno.  Cando me aburrín fun ao ordenador, entrei en internet e descubrín por que estaban asustados. Resulta que Josefina de Carnota era moi mala e, se a vías na  leira, entre o millo, atopábante morto debaixo do palco da Panorama coa camiseta da París de Noia Pasados

Poesía de María Recio

Cando sorrís, cando bailas, bríllache a cara Cando cantas, cando ris, bríllache a cara Cando bailas, poste colorada e bríllache a cara Cando ris e te emocionas, bríllache a cara

Poesía de Carmen

Sediame eu na igrexa de San Simón e viñeron gaivotas, que pesadas son! Eu espero polo reparador! Eu espero! Estando na igrexa ante o altar caeume onte o móbil ao grande mar ! Eu espero polo reparador! Eu espero! Caeume onte o móbil, que torpe son! compreino a semana pasada, ai que dor! Eu espero polo reparador! Eu espero! Non son reparadora nin reparador! morrerei sen iphone, menudo marrón! Eu espero polo reparador! Eu espero! Son moi torpe e  non sei remar! o meu móbil afundirá no mar! Eu espero polo reparador! Eu espero!

Narración de Carmen

Tronaba.. Era un día tranquilo. Chovía, pero iso era normal en Galicia. Carlos e Marta  estaban na súa casa sós, xa que os seus pais marchaban traballar de 14.00 a 9.00 h Estaban os dous no salón. Ela vendo unhas revistas e el xogando  un vídeoxogo. De repente comezou a tronar. Ningún dos dous se asustou. Non era a primeira vez que tronaba e ademais xa non tiñan idade para asustarse. Marta, centrándose na revista, ve borroso ao lonxe un nubarrón negro movéndose rapidamente pola sala. - Viches iso?- preguntou Marta un pouco asustada-. Sen que ao irmán lle dera tempo de responder , a luz foise e, de repente, un corpo negro, delgado e alto, cos ollos brancos e redondos coma estrelas, un sorriso enorme, un toque de loucura apareceu na sala. - Adeus-dixo esa persoa cun sorriso burlón. Cando os seus pais chegaron, os nenos estaban mortos. En Cuntis N. ía en bus a Santiago un día e equivocouse de camiño porque é N. e, dunha maneira ou doutra, acabou en Cuntis.  Ao estar alí, deci