Tronaba.. Era un día tranquilo. Chovía, pero iso era normal en Galicia. Carlos e Marta estaban na súa casa sós, xa que os seus pais marchaban traballar de 14.00 a 9.00 h Estaban os dous no salón. Ela vendo unhas revistas e el xogando un vídeoxogo. De repente comezou a tronar. Ningún dos dous se asustou. Non era a primeira vez que tronaba e ademais xa non tiñan idade para asustarse. Marta, centrándose na revista, ve borroso ao lonxe un nubarrón negro movéndose rapidamente pola sala. - Viches iso?- preguntou Marta un pouco asustada-. Sen que ao irmán lle dera tempo de responder , a luz foise e, de repente, un corpo negro, delgado e alto, cos ollos brancos e redondos coma estrelas, un sorriso enorme, un toque de loucura apareceu na sala. - Adeus-dixo esa persoa cun sorriso burlón. Cando os seus pais chegaron, os nenos estaban mortos. En Cuntis N. ía en bus a Santiago un día e equivocouse de camiño porque é N. e, dunha maneira ou doutra, acabou en Cuntis. Ao e...
Comentarios
Publicar un comentario