Historias do rural para non contar ( Juan José)

Xa hai tempo  os da pandilla do instituto: Conchi, Camilo e Froilán e eu, por suposto, era Manolo, o que non pintaba nada no grupo,  reunímonos unha tarde todos no remolque dun chimpín na miña casa e puxémonos a facer o parvo.
 Era pola noite, un martes pola noite, pola noite, dígoo outra vez por se non quedou claro, cando fomos  ao cemiterio da Estrada invocar mortos. O que fai o aburrimento! Dous minutos despois a invocación funcionou, cousa que non pensaba porque o miramos en internet. Bueno, o caso  é que funcionou e resucitamos a Josefina de Carnota. Austámonos moitísimo cando a vimos.

Despois desa noite, Conchi, Camilo e Froilán non volveron ser os mesmos. Estaban preocupados,  daquela non sabía por que, pero bueno.  Cando me aburrín fun ao ordenador, entrei en internet e descubrín por que estaban asustados. Resulta que Josefina de Carnota era moi mala e, se a vías na  leira, entre o millo, atopábante morto debaixo do palco da Panorama coa camiseta da París de Noia

Pasados dez días da invocación, Camilo viu a Josefina de Carnota no medio do millo. Estabamos todos moi tristes e pasamos eses días con moito medo. A semana seguinte había festa en Cuntis con concerto da Panorama. Cando era pola noite, xa sabiamos o que ía pasar. E pasou. Despois de desmontar o palco, atopárono morto  tal como vin en internet.
Cando fomos ao enterro vimos ao noso amigo por última vez. Iso despois da autopsia. A Josefina de Carnota matouno dándolle barreizas na cabeza.

Estamos moi desgustados pensando quen ía ser o seguinte.

A semana volvemos á tumba e atopamos algo grabado que poñía: " Por molestar a Josefina, ides levar unha tunda fina"

Cada día estabamos máis asustados intentando non ir entre o millo. Pero un día un veciño contounos que ao seu irmán pasoulle o mesmo. Camilo non era o único.  Tamén nos contou  que, pasados 15 días dunha noite de lúa chea,  tiñamos que ir ao monte Xesteiras para desfacer a invocación.  Para desfacela había que levar unha cabra marrón ás 5 da tarde. Casualmente, había lúa chea esa noite, así que fomos preparar as cousas  e roubarlle unha cabra, a Rmón, un veciño algo parvo. Atopamos a María, unha rapaza que non ía axudar a facer a invocación.

Cando xa pasaron os 15 días fomos ao monte Xesteiras. Ese día comprendemos o mal que fixeramos nese cemiterio. Bueno, cando chegaomos levantouse o aire  e atopamos un pergamiño que poñía:
" Ondas do mar de Vgo, se vistes meu amigo. E ai Deus, se verrá cedo! Josefina estase cabreando"

Extañámonos e, cando lle demos a volta, vimos un mapa moi claro.  Tiñamos que ir á catedral de Santiago para poñer a cabra no botafumeiros e mareala, mentres un toca no órgano a canción " A cabritiña" de Quim Barreiros. Fomos á catedral e fixemos o programado. De súpeto aparecen Josefina de Carnota, que por certo  era moi fea. Cando a vimos, o botafumeiros levouna por diante e espetpouse contra un muro. A Josefina desintegrouse  e casualmente e casualmente convertiuse en todas as víctimas. Atopamos a Camilo e levámolo á casa. Desde logo, non se pode xogar con espíritos.

Pasados dous meses todo volvera á normalidade e volvemos ser felices pero Josefina de Carnoa seguirá andando por aí. E que foi da cabra? Nunca o saberemos, pero din que está bailando  todas as noites con Quim Barreiros.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Poema de Noa Puente

Texto de Yolanda Blanco