Narración de Carmen

Tronaba..
Era un día tranquilo. Chovía, pero iso era normal en Galicia. Carlos e Marta  estaban na súa casa sós, xa que os seus pais marchaban traballar de 14.00 a 9.00 h
Estaban os dous no salón. Ela vendo unhas revistas e el xogando  un vídeoxogo. De repente comezou a tronar.
Ningún dos dous se asustou. Non era a primeira vez que tronaba e ademais xa non tiñan idade para asustarse.
Marta, centrándose na revista, ve borroso ao lonxe un nubarrón negro movéndose rapidamente pola sala.
- Viches iso?- preguntou Marta un pouco asustada-.
Sen que ao irmán lle dera tempo de responder , a luz foise e, de repente, un corpo negro, delgado e alto, cos ollos brancos e redondos coma estrelas, un sorriso enorme, un toque de loucura apareceu na sala.
- Adeus-dixo esa persoa cun sorriso burlón.
Cando os seus pais chegaron, os nenos estaban mortos.

En Cuntis

N. ía en bus a Santiago un día e equivocouse de camiño porque é N. e, dunha maneira ou doutra, acabou en Cuntis.  Ao estar alí, decidiu pasar de ir a Canelas  e foi ao balneario pasar unha tarde de spa. Pasou polos chinos e comprou un bañador, unha toalla e un par de chanclas.

Cando estaba dentro do balneario, casualmente, encontrou a Rafa flotando na piscina.
-Rafa, que haces aquí?- dixo N. confundida.
-  Mmmmmmmeechchcr- respondeu Rafa
- Qué dices- preguntou N.
- Tocoume un día gratis de spa no colacao.
- Ah!!- respondeu N.- e foi cara a zona de masaxes. Despois dunhas boas masaxes de  chocolate, N. decidiu ir á piscina.

Mentres pensaba que escusa lle diría a Isaac por non aparaecer en Canelas, unha persoa non paraba de salpicarlle. Ela, cabreada berrou.
- Niño repelente! que haces?. E, cando mirou para o  neno, ese "neno" era Iago e marchou correndo chea de vergoña.
N., confundida, decidiu que o día no spa  xa acabara.

Colleu o bus e volveu para  a Estrada.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Poema de Noa Puente

Texto de Yolanda Blanco