Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

NARRACIÓNS E POEMAS

poema de Y.B.S

Ti, que chegas ao amencer  tan silencioso. Ti que mollas as rúas e as aldeas coas túas bágoas. Ti, que formas parte do cadro da miña terra. Ti, orballo, que acompañas o vento a moitos lados. Yolanda Blanco Sanmartín

Texto de Yolanda Blanco

Hoxe escribo por ti, que es a miña lingua; escribo por todo o que me achegas. A miña lingua, a lingua do meu pobo, a lingua da miña vida, a lingua do meu corazón, a dun galego loitador. Hoxe escribo e escribo en galego. Por que non? Por que non sentirse orgullosos de ti? Dunha lingua que ten séculos e séculos de historia?. Por que se aconpañaches aos nosos familiares máis queridos, as que non puidemos coñecer e aos que non puidemos ver? Por que non sentirnos orgullosos de ti? Desa lingua que forma parte de nós e das nosas raíces? Por que non?  Se loitaches durante séculos contra todos os que te quixeron ver morta, contra a mesma historia que che quixo pasar por enriba, que te quixo ver soa e derrotada. A aínda así, segues aquí, loitando e sobrevivindo. Saegues connosco. Como non vou estar orgullosa dunha lingua coma ti. Yolanda Blanco Sanmartín

Poema de Alejandro Piso

Galicia, país Galicia, país illado, país belo, país distinto, país amado. Galicia, país vivo con meigas nos bosques e lendas   sobre os mares contadas por mariñeiros navegantes. Galicia, país enchente con comidas e xuntanzas da xente Galicia, país de labregos traballando en terras, cantando cantigas mentres se fan os traballos. Galicia, país noso, país voso, país de todos. Alejandro Piso Señoráns 4º ESO A

Poema de Noa Puente

Galicia Verde prado cheo de cor, Cores enraizadas á terra que medran e medran. Sol fugaz e chuvias continuadas. Vento que non só é brisa. Noites longas e escuras con brillo  de milleiros de chispas, farolas. A xeada conxelando corazóns e ideas. Noa Puente Castro 4º ESO B

Poesía de Carla Villaverde

É terra A rocha que fala entre murmurios co vento É terra O vento quente no alto do castro naquela noite meiga É terra O dourado ton da auga no solpor de inverno É terra O frío de decembro polas rúas de Compostela É terra O verdor das árbores iluminadas pola música grileira É terra O son do vento cara o fin do mundo É terra Breogán Rosalía e Pondal É a nosa terra, O que nos une, nos ampara e protexe É a nosa terra A morriña e a afouteza Somos nós. Carla Villaverde Núñez 4º   ESO B