Historias do rural para non contar ( Juan José)
Xa hai tempo os da pandilla do instituto: Conchi, Camilo e Froilán e eu, por suposto, era Manolo, o que non pintaba nada no grupo, reunímonos unha tarde todos no remolque dun chimpín na miña casa e puxémonos a facer o parvo. Era pola noite, un martes pola noite, pola noite, dígoo outra vez por se non quedou claro, cando fomos ao cemiterio da Estrada invocar mortos. O que fai o aburrimento! Dous minutos despois a invocación funcionou, cousa que non pensaba porque o miramos en internet. Bueno, o caso é que funcionou e resucitamos a Josefina de Carnota. Austámonos moitísimo cando a vimos. Despois desa noite, Conchi, Camilo e Froilán non volveron ser os mesmos. Estaban preocupados, daquela non sabía por que, pero bueno. Cando me aburrín fun ao ordenador, entrei en internet e descubrín por que estaban asustados. Resulta que Josefina de Carnota era moi mala e, se a vías na leira, entre o millo, atopábante morto debaixo do palco da Panorama c...