Publicacións
Texto de Yolanda Blanco
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Hoxe escribo por ti, que es a miña lingua; escribo por todo o que me achegas. A miña lingua, a lingua do meu pobo, a lingua da miña vida, a lingua do meu corazón, a dun galego loitador. Hoxe escribo e escribo en galego. Por que non? Por que non sentirse orgullosos de ti? Dunha lingua que ten séculos e séculos de historia?. Por que se aconpañaches aos nosos familiares máis queridos, as que non puidemos coñecer e aos que non puidemos ver? Por que non sentirnos orgullosos de ti? Desa lingua que forma parte de nós e das nosas raíces? Por que non? Se loitaches durante séculos contra todos os que te quixeron ver morta, contra a mesma historia que che quixo pasar por enriba, que te quixo ver soa e derrotada. A aínda así, segues aquí, loitando e sobrevivindo. Saegues connosco. Como non vou estar orgullosa dunha lingua coma ti. Yolanda Blanco Sanmartín
Poema de Alejandro Piso
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Galicia, país Galicia, país illado, país belo, país distinto, país amado. Galicia, país vivo con meigas nos bosques e lendas sobre os mares contadas por mariñeiros navegantes. Galicia, país enchente con comidas e xuntanzas da xente Galicia, país de labregos traballando en terras, cantando cantigas mentres se fan os traballos. Galicia, país noso, país voso, país de todos. Alejandro Piso Señoráns 4º ESO A
Poesía de Carla Villaverde
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
É terra A rocha que fala entre murmurios co vento É terra O vento quente no alto do castro naquela noite meiga É terra O dourado ton da auga no solpor de inverno É terra O frío de decembro polas rúas de Compostela É terra O verdor das árbores iluminadas pola música grileira É terra O son do vento cara o fin do mundo É terra Breogán Rosalía e Pondal É a nosa terra, O que nos une, nos ampara e protexe É a nosa terra A morriña e a afouteza Somos nós. Carla Villaverde Núñez 4º ESO B
Historias do rural para non contar ( Juan José)
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Xa hai tempo os da pandilla do instituto: Conchi, Camilo e Froilán e eu, por suposto, era Manolo, o que non pintaba nada no grupo, reunímonos unha tarde todos no remolque dun chimpín na miña casa e puxémonos a facer o parvo. Era pola noite, un martes pola noite, pola noite, dígoo outra vez por se non quedou claro, cando fomos ao cemiterio da Estrada invocar mortos. O que fai o aburrimento! Dous minutos despois a invocación funcionou, cousa que non pensaba porque o miramos en internet. Bueno, o caso é que funcionou e resucitamos a Josefina de Carnota. Austámonos moitísimo cando a vimos. Despois desa noite, Conchi, Camilo e Froilán non volveron ser os mesmos. Estaban preocupados, daquela non sabía por que, pero bueno. Cando me aburrín fun ao ordenador, entrei en internet e descubrín por que estaban asustados. Resulta que Josefina de Carnota era moi mala e, se a vías na leira, entre o millo, atopábante morto debaixo do palco da Panorama c...